Co financiamento de:
/ Medio ambiente

A eólica xera por primeira vez máis de 6TWh nun mes, o equivalente ao consumo eléctrico da maior parte dos fogares do estado español.

28-02-2013 - Enerxía

Entre as 15:00 e as 16:00 horas do martes 29 de xaneiro, a enerxía eólica superaba os 6TWh de xeración mensual, segundo datos preliminares de Rede Eléctrica de España (REE) comunicados pola Asociación Empresarial Eólica. Trátase dun fito histórico: é a primeira vez que a eólica supera esta produción nun mes (en realidade, 29 días), suficiente para cubrir o consumo eléctrico da maior parte dos fogares do estado español (todos aqueles con unha potencia contratada inferior aos 10 KW).

Con 6 TWh, poderíase cubrir todo o consumo de electricidade anual de países como Honduras e Bolivia. A última vez que unha tecnoloxía superou os 6TWh mensuais foi en 2010, e foron os ciclos combinados de gas os que o fixeron.

Desde o pasado 1 de novembro, a eólica está a ser a primeira tecnoloxía do sistema eléctrico, de modo que o trimestre que finalizou o 31 de xaneiro vai ser o primeiro na historia en que a eólica é a fonte de enerxía que máis electricidade xera nun trimestre completo.

Isto demostra que a enerxía eólica é unha realidade no estado español. E isto reflíctese en menos importacións de combustibles fósiles (o que mellora a balanza de pagos do país), o desenvolvemento dunha industria propia con empregos cualificados, a redución de emisións de CO2 que provocan o cambio climático e dos contaminantes que afectan á saúde, entre outros moitos beneficios.

Segundo a última enquisa feita en xaneiro pola Comisión Europea, o 70% dos cidadáns europeos opina que nos próximos 30 anos deberíase priorizar ás enerxías renovables como fontes enerxéticas. No caso dos cidadáns do estado español esta porcentaxe sobe a un 81%, só por detrás de Portugal e na mesma medida que Alemaña, Dinamarca e Austria.

Fonte: consttuible.é
 
Ligazón a REE (Demanda de enerxía en tempo real)


Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS