Co financiamento de:
/ Medio ambiente

A OMM advirte que 2014 sería o ano máis quente nos rexistros

15-12-2014 - Medio ambiente

O ano 2014 perfílase como o máis quente rexistrado até agora, segundo estimacións preliminares dadas a coñecer pola Organización Meteorolóxica Mundial (OMM). Se o que queda de decembro mantén o mesmo nivel rexistrado até agora, 2014 superaría a 2010, 2005 e 1998, considerados os máis calorosos, e confirmaría a tendencia de quecemento a longo prazo, explicou o organismo.

 

Iso débese ás altas temperaturas rexistradas na superficie do mar que se espera continúen sendo altas ata que se acabe o ano, segundo a OMM. Ese factor xunto con outros determinantes contribúen a choivas máis frecuentes e intensas en moitos países e a secas extremas noutros.
O clima está a cambiar e aumenta cada ano o risco de eventos extremos e o seu impacto na humanidade, subliñou a secretaria executiva da Convención Marco da ONU sobre o Cambio Climático, en declaracións á prensa durante a Conferencia das Partes desa Convención, que se celebra en Lima;  no entanto, parece apreciarse unha aptitude renovada dos gobernos, os inversionistas, o sector privado e as cidades, que avanzan cara a un acordo significativo no tema para Paris 2015, o que manterá un aumento da temperatura global por baixo de 2 graos centígrados.
Ligazón ao comunicado de prensa
Fonte: un.org
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS