Financiado por:
/ Medio ambiente

2015 é o ano máis cálido na Terra dende que hai rexistros

25-11-2015 - MEDIO AMBIENTE

Segundo os datos de temperaturas globais publicados polo programa Copernicus da UE, o período de 12 meses que acabou a finais de outubro rexistrou as temperaturas máis calorosas dende que hai rexistros. Os datos do programa Copernicus tiveron participación galega, a través do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), que empregou a súa capacidade de cálculo para procesar o inmenso volume de información recibida.

O primeiro semestre foi o máis caloroso dende que hai rexistros globais de clima. A temperatura global da terra e dos océanos foi case un grao (0,85ºC) superior á media do século XX. A temperatura global da Terra foi 1,34ºC superior e a dos mares un 0,67ºC.

A Organización Meteorológica Mundial (OMM) advirte de que 2016 podería ser aínda máis cálido xa que que os niveis de gases de efecto invernadoiro á atmósfera aumentou ata un novo récord este ano e de forma consecutiva durante os últimos trinta anos.

O programa Copernicus conta coa rede de satélites Sentinel da UE, ademais miles de sensores de terra e mariños, millóns de lecturas cada hora e un arquivo de datos centenario. O enorme volume de datos da atmosfera e do clima da Terra que sustentan o programa está en mans de gobernos e institucións de xeito libre. En Galicia, o Cesga procesa moita desta información para participar nas conclusións do programa. Cesga proporciona infraestruturas de computación de altas prestacións e de rede de  comunicación necesarias. O resultado non é só unha medición da evolución do clima na rexión atlántica europea, senón previsións a curto prazo, duns 5 días, de correntes e outras variables oceanográficas, como temperatura, salinidade e nivel do mar, así como para obter una mellor comprensión da dinámica do océano.

O Centro IBI de Monitorización e Predición (IBI- MFC) é responsable de xerar predicións operativas diarias do océano, dende as Illas Canarias a Irlanda. Este centro recaba datos grazas a Portos do Estado, que son procesados polo Cesga, nos seus súpercomputadores situados en Santiago de Compostela.

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS