Co financiamento de:
/ Igualdade

Protocolo contra o acoso sexual, laboral, por razón de sexo e identidade nos centros de traballo

27-12-2022 - CCAINC Consello Galego de Relacións Laborais

O obxectivo xeral deste protocolo da CCAINC é por un lado, promover condicións de traballo que eviten o acoso en calquera das súas modalidades e por outro, establecer un procedemento común de actuación ante situacións que puideran constituír calquera das modalidades de acoso, coa finalidade explícita de prever, evitar e erradicar este tipo de conductas no contorno laboral

O obxectivo da Comisión Consultiva Autonómica para a Igualdade entre Mulleres e Homes na Negociación Colectiva cando traballa na elaboración de documentos ou guías é, precisamente, para que uns e outras sirvan de axuda e orientación ás mesas negociadoras, dende un indiscutible respecto pola autonomía colectiva das partes que as integran.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:

1.- Formar, informar, sensibilizar e concienciar as persoas traballadoras desta empresa, en materia de acoso sexual, por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero, mostrando as pautas para que poidan identificarse as ditas situacións, para previr e evitar que se produzan.

2.- Definir medidas preventivas que eliminen e, de ser o caso, reduzan o risco de condutas de acoso.

3.- Definir e establecer procedementos claros e precisos para tratar estas situacións de forma efectiva e integral unha vez que se produzan.

4.- Dispor das medidas necesarias ou dunha organización específica para atender e resolver os casos que se produzan.

5.- Dotar a todo o persoal da empresa de axeitada información, para afrontar calquera situación de acoso que lle afecte ou da que teña coñecemento.

6.- Garantir a seguridade, a integridade, a confidencialidade e a dignidade das persoas afectadas.

7.- Garantir a aplicación das medidas que en cada caso procedan para a protección das vítimas, incluídas as medidas preventivas que sexan necesarias.

8.- Rematar co acoso e, se é necesario, aplicar as medidas sancionadoras que correspondan.

9.- Manter actualizado o protocolo e facer as correspondentes revisións periódicas

Ligazón ao Protocolo contra o acoso sexual, laboral, por razón de sexo e identidade nos centros de traballo


FONTE: CCAINC -Comisión Consultiva Autonómica para a Igualdade entre Mulleres e Homes na Negociación Colectiva-. CONSELLO GALEGO DE RELACIÓNS LABORAIS

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS