Financiado por:
/ Igualdade

Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller

23-11-2012 - PSICOSICIAL

En 1999, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas designou o 25 novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A violencia contra as mulleres e nenas constitúe un problema de proporcións pandémicas.

Polo menos unha de cada tres mulleres no mundo sufriu maltrato, foi forzada a manter relacións sexuais ou padeceu algún tipo de abuso ao longo da súa vida, xeralmente por parte de alguén coñecido.

A violencia contra a muller pode tamén chegar ata o lugar de traballo.

Ademais, as mulleres están a miúdo en primeira liña fronte á violencia por parte do público no lugar de traballo debido ao seu predominio nos sectores sanitario e de servizos.

No estudo Violencia Laboral e Acoso: unha panorámica europea, en inglés, da Axencia Europea de Seguridade e Saúde no Traballo preséntase a prevalencia da violencia e o acoso no traballo sobre a base de estatísticas internacionais e nacionais, así como segundo os resultados dos estudos científicos sobre os antecedentes e consecuencias da violencia relacionada co traballo.

Aínda hai un insuficiente nivel de conciencia e o recoñecemento dos problemas coa violencia de terceiros e o acoso en moitos Estados membros, e hai unha clara necesidade de promover e difundir as boas prácticas e as medidas de prevención que son sensibles ao contexto nacional.

Algunhas das medidas propostas pola UE, a OIT, a OMS e os expertos nacionais son incluídas no informe.

Coincidindo con esta data, a OIT publica unha serie de directrices sobre a protección da maternidade, xa que e constatable que aínda moitas mulleres están a padecer discriminación no traballo por causa de embarazo. Acceso ao documento da OIT

 

Fontes: e-saudable, OMS, OIT

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS