Financiado por:
/ Igualdade

A OIT presenta un novo informe sobre a igualdade de xénero para conmemorar o Día Internacional da muller

12-03-2019 - OIT

O informe “Un paso decisivo cara á igualdade de xénero: Para un mellor futuro do traballo para todos”, reúne investigacións, datos e achados recompilados grazas á Iniciativa do centenario da OIT relativa ás mulleres no traballo e identifica os desafíos e as medidas que é preciso adoptar para lograr a transformación necesaria para a igualdade de xénero no mundo do traballo.

O informe mostra que no últimos cinco anos, a diferenza entre as taxas de emprego dos homes e as mulleres diminuíu menos de dous puntos porcentuais. En 2018, as mulleres tiñan 26 puntos porcentuais menos de probabilidade de traballar que os homes.

Por outra banda, as mulleres seguen estando pouco representadas nos postos máis altos, unha situación que cambiou moi pouco ao longo dos últimos 30 anos. Menos dunha terceira parte dos directivos son mulleres, a pesar de que adoitan ter un nivel de educación máis alto que os homes. O informe mostra que, en xeral, a educación non é a causa principal de taxas de emprego máis baixas e salarios inferiores das mulleres.

Existe ademais unha “penalización da maternidade en termos de liderado”, só 25 por cento dos xerentes con fillos menores de seis anos son mulleres. A proporción de mulleres en cargos directivos aumenta a 31 por cento cando non teñen fillos pequenos.

A diferenza de remuneración entre homes e mulleres permanece nun 20 por cento a nivel mundial. As nais experimentan unha ‘penalización salarial relacionada coa maternidade’ que as prexudica ao longo da súa vida laboral, mentres que os pais benefícianse dunha prima salarial.

Cando os homes comparten o traballo de coidado non remunerado de maneira máis equitativa, hai un maior número de mulleres en cargos directivos,  e sinala o papel que poden desempeñar os homes na creación dun mundo de traballo máis igualitario.

O informe inclúe ademais conclusións derivadas de datos en “tempo real” recompilados pola rede profesional LinkedIn en máis de cinco países, que abarcan 22 por cento da poboación empregada no mundo en tres rexións diferentes. Esta colaboración entre a OIT e LinkedIn permitiu constatar que as mulleres que posúen competencias dixitais – na actualidade un requisito para os empregos asalariados máis solicitados e mellor pagos nas ciencias, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas – representan só entre unha terceira e cuarta parte dos membros de LinkedIn con esas competencias. Con todo, tamén revelou que as mulleres que chegan a cargos de dirección fano máis rápido, máis dun ano antes que os seus colegas homes.

O informe mostra que alcanzar a igualdade de xénero implica un cambio das políticas e accións nunha serie de ámbitos que se reforzan mutuamente, e indica medidas que poden levar cara a un programa de transformación cuantificable a favor da igualdade entre homes e mulleres.

O camiño de respecto dos dereitos é a base para un mundo do traballo máis equitativo, e abarca o dereito á igualdade de oportunidades, o dereito para estar protexidos contra a discriminación, a violencia e o acoso, e o dereito a un salario igual por un traballo de igual valor.

“Só lograremos o futuro do traballo con xustiza social que necesitamos cando aceleremos a toma de medidas para mellorar o progreso na igualdade de xénero no traballo”, afirmou o Director Xeral da OIT, Guy  Ryder. “Necesitamos implementar unha axenda transformadora que inclúa o cumprimento de leis e normas, que quizais teremos que revisar, apoiadas polo investimento en servizos que establezan condicións de igualdade para as mulleres, como coidado e protección social, e un enfoque máis flexible tanto para as horas de traballo como para as carreiras profesionais.Tamén existe o continuo desafío do cambio de actitude. Máis que nada, necesitamos un cambio nas actitudes cara ás mulleres que se unen á forza laboral e cara ao lugar que ocupan nela".

Ligazón ao informe "Un paso decisivo cara á igualdade de xénero: Para un mellor futuro do traballo para todos" -resumo executivo-

FONTE: OIT

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS