Financiado por:
/ Gabinete

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 34

11-10-2019 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

Segundo os datos aportados no pasado XXI Congreso Mundial sobre Seguridade e Saúde no Traballo celebrado en Singapur, os accidentes e as lesións relacionadas co traballo son a consecuencia a nivel mundial dunha perda do 3,9% do PIB cun custo mínimo estimado de 2,68 billóns de euros. No caso da Unión Europea (EU), os problemas de saúde e as lesións relacionadas co traballo están a supoñer anualmente unha perda equivalente ao 3,3% do seu PIB o que supón uns 476 mil millóns de euros dos que unha gran parte se destinan a políticas de indemnización, asistencia social e atención sociosanitaria dos traballadores/as accidentados, que no caso español maioritariamente pagamos todos nós (a sociedade) e non as empresas responsables da sinistralidade.

O número 34 do Boletín CIG Saúde Laboral conta cos artigos:

1. Sinistralidade laboral, un monstro que non para de medrar: datos, análises e reflexións. Galiza: chove sobre mollado, epígrafe

 2. Terceira modificación da Unión Europea da Directiva sobre canceríxenos e mutáxenos

 3. Os traballadores/as maiores e a prevención de riscos laborais: “Revisión da investigación sobre as consecuencias do envellecemento da poboación activa para a seguridade e a saúde no traballo (SST). OSHA-EU

 4. Falsos autónomos/as: explotación laboral no marco dunha precariedade extrema.

 5. Precariedade laboral: a orixe de todos os males.

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 34 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral únicamente se publica en formato dixital.

Se estás interesado/a en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS