Financiado por:
/ Gabinete

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 33

30-07-2019 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

O radon constitúe a segunda causa de cancro de pulmón despois do tabaco. A OMS estima que a proporción dos casos de cancro de pulmón a nivel estatal atribuíbles ao radon, con respecto do total, varía dun 3% a un 14%. Actualmente non se coñece un limiar de exposición por baixo do cal a concentración de radon interior non supoña ningún risco. Este artigo (complementario ao publicado sobre este tema no Boletín CIG Saúde Laboral Nº 23) abórdase o tratamento deste risco dende o punto de vista da lexislación vixente e dos recursos legais a disposición dos traballadores/as para reclamar do empresario/a e das institucións os medios necesarios para garantir a debida seguridade no desenvolvemento do traballo.

O número 33 do Boletín CIG Saúde Laboral abre a relación de contidos co artigo "O radon e a lexislación vixente"  dentro do epígrafe Colaboración.

O presente Boeltín comprétase cos artigos "O risco durante o embarazo e as novas táboas SEGO 2019, un retroceso na protección da maternidade", baixo o epígrafe Análise - Opinión; "Traballar para un futuro máis prometedor. Informe final da Comisión Mundial sobre o Futuro do Traballo. OIT", no apartado Documento - Análise;  "Fumes de soldadura: un risco para ter moi en conta", baixo a cabeceira A Fondo.

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 33 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral únicamente se publica en formato dixital.

Se estás interesado/a en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS