Financiado por:
/ Gabinete

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 6

08-07-2013 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

Dentro dos contidos incluídos neste número están a problemática que que xera para o conxunto dos traballadores/as do sector da construción a TPC (Tarxeta Profesional da Construción), analizada por Xoaquím Agulla Gómez, Secretario Comarcal da Federación de Construción e Madeira en Pontevedra e membro da Executiva Nacional desta Federación, o novo Sistema Galego de Alerta Temperá para a detección de enfermidades profesionais, a sentenza do Xulgado Central do Contencioso - Administrativo que declara inadmisible que o INSS pague productividade por dar altas médicas, o incremento da idade de xubilación e a megaminaría. Pechamos este número coas publicacións do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral, "Identificación de riscos laborais e Guía de Boas Prácticas na estracción e na elaboración de pedra natural" .

O Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 6, pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. En formato papel está a vosa disposición nos locais da Confederación Intersindical Galega.

Neste número pódense atopar os artigos “Os dereitos dos traballadores/as e a Tarxeta Profesional da Construción (TPC)” e "Incremento da idade de xubilación - envellecemento activo" incluídos no apartado Opinión, “O novo Sistema Galego de Alerta Temperá para a detección de enfermidades profesionais” en Sabías que...?,  "Unha nova sentenza declara inadmisíbel que o INSS pague produtividade por dar altas médicas" en Colaboración - Análise xurídico-normativa e "A megaminaría: procesos, promesas, consecuencias" na sección de Información Técnica.

Como peche para  este número  realízase unha revisión das publicacións elaboradas polo Gabinete "Identificación de Riscos laborais e Guía de Boas Prácticas na extracción de pedra natural" e "Identificación de Riscos laborais e Guía de Boas Prácticas na elaboración de pedra natural".

Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral.

Confederación Intersindical Galega

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS