Financiado por:
/ Gabinete

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 2

03-07-2012 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

A terceira entrega do Boletín CIG - Saúde Laboral xa está dispoñible. Partimos dun editorial no que Antolín Alcántara Álvarez, Secretario Confederal de Negociación Colectiva e Saúde Laboral, aborda en parte as consecuencias que para os traballadores e traballadoras está tendo a implantación da reforma laboral, consecuencias estas que se reflicten nun deterioro das condicións de traballo, da saúde laboral e da calidade de vida do conxunto da poboación. Artigos nos que se tratan temas relacionados co amianto, a protección da maternidade, as mutuas ou a biomecánica, completan o sumario deste número.

O Boletín CIG - Saúde Laboral Nº1, pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. En formato papel está a vosa disposición nos locais da Confederación Intersindical Galega.

Neste número podedes atopar os artigos informativos "Protección da maternidade no traballo" e "Problemas coas mutuas?" no apartado de Información Técnica e "O amianto" en Sabías que...?.

Na sección de  Entrevistas falamos con Cristóbal Carneiro Mella, expresidente de AGAVIDA, Asociación Galega de Víctimas do Amianto, quen nos relata cómo xurde a asociación no ano 2004, e a traxectoria e logros da mesma nos anos que leva funcionando.

No apartado de Colaboracións, contamos neste caso co artigo "Biomecánica e prevención de riscos laborais" , elaborado por Alexandre e Xavier Alfonso Cornes, Enxeñeiros Biomecánicos e Directores Técnicos de UMANA, Centro Sanitario de Investigación Biomecánica Aplicada.

Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral.

Confederación Intersindical Galega

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS