Co financiamento de:
/ Gabinete

Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 51. MONOGRÁFICO SECTOR

24-05-2024 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG

Actualmente a industria forestal de Galiza factura ao redor de 1.800 millóns de euros anuais e xera o 3,5% do PIB da noso País. Este sector emprega directamente preto de 25.000 persoas traballadoras e indirectamente ao redor de 50.000. Galiza conta cunha superficie forestal de 2 millóns de hectáreas que representan máis do 7% da superficie forestal de todas as CCAA. Nesta superficie realízanse o 50% das talas de madeira que se efectúan en todo o Estado, o que pon de manifesto a capacidade produtiva do noso sector forestal nesta actividade e o seu peso no conxunto do Estado. Na actualidade o colectivo de bombeiros/as forestais no noso País está conformado por preto de 1.200 brigadistas que traballan doce meses ao ano e máis de oitocentos que traballan unicamente seis meses ao ano. Ao longo deste Boletín CIG-Saúde Laboral. Monográfico Sector, imos achegarnos á situación da estrutura forestal do noso País, repasar a problemática en relación á prevención de riscos laborais do persoal traballador dos dispositvos contra incendios na Galiza e abordar a posición sindical da CIG en relación aos proxectos de leis básicas de bombeiros/as forestais e de axentes forestais e medioambientais, actualmente en tramitación no Congreso unha vez realizadas as alegacións correspondentes.

Boletín CIG Saúde Laboral. Monográfico Sector Nº 51

Prevención de riscos laborais e incendios forestais na Galiza:

-          Achegamento á realidade do eucalipto na Galiza

-          A seguridade laboral na extinción de incendios forestais

-          Plan de prevención de riscos laborais para o persoal dos servizos de extinción de incendios da Xunta de Galicia

-          Exposición a substancias canceríxenas nas actividades contra incendios forestais

-          Posición da CIG ante a situación dos servizos contra incendios na Galiza e os proxectos de lei de bombeiros/as forestais e axentes medioambientais

-          Proxectos de lei basicos de bomberos/as forestais e axentes medioambientais

-          Posición da CIG sobre o anteproxecto de lei do estatuto básico de bombeiros/as forestais

-          Posicionamento e achegas da CIG ao “Anteproxecto de lei básica de axentes foretais/medioambientais”

 

 O Boletín CIG-Saúde Laboral. Monográfico Sector Nº 51 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral unicamente se publica en formato dixital.

 

Ligazón ao BOLETÍN CIG-SAÚDE LABORAL Nº 51

Ligazón á AVALIACIÓN DE RISCOS LABORAIS PARA O PERSOAL DOS SERVIZOS DE EXTINCIÓN DE INCENDIOS DA XUNTA DE GALICIA

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS